Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O InnJoo One chega ao mercado a un prezo de 199 euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
TREBELLOS

O InnJoo One chega ao mercado a un prezo de 199 euros

Redacción
Publicado: 29/06/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

innjoo_tech_hd_5.jpgInnJoo anunciou este luns a chegada ao mercado español do seu primeiro dispositivo intelixente, en palabras da empresa “un smartphone de altas prestacións a un prezo económico ao alcance de todos os petos”. Trátase, engade a compañía de Dubai , dun modelo de marco metálico e cristal tépedo traseiro que inclúe entre outras cousas dupla tarxeta SIM, pantalla de cinco polgadas e protección con tecnoloxía DragonTrail X Glass, amais de oito núcleos, cámara de 13 megapíxeles e un grosor de 6,9 milímetros. O InnJoo One, así se fai chamar o aparello, é o modelo estrela da casa.
O aparello vén equipado con Android 4.4.2 e en breve actualizará á versión 5.0 de Android Lollipop.
Segundo engaden fontes da empresa, a cámara dixital é un compoñente clave no novo aparello, por iso é polo que carreta unha cámara de 13 megapíxeles cun alto nivel de luminosidade (f/2.0) e vén dotada con HDR (High-DynamicRange), unha tecnoloxía que facilita a obtención de imaxes en mobilidade. Tamén incorpora un modo multidisparo co que podemos facer ata 40 fotos de maneira continua. A cámara dianteira, pola súa banda, está pensada para os selfies, e por iso, para obtelos nas mellores condicións, o InnJoo One equipa un sensor de 5 megapíxeles con apertura f/2.4, e un ángulo de enfoque de 88 graos para que as autofotos de grupo, sinala a empresa, “non deixen a ninguén fóra”.
Á hora de almacenar información disporemos por unha banda de 16 GB (o que equivale aproximadamente a 3.000 fotos en alta resolución, dúas horas de vídeo en HD ou máis de 4.000 cancións en MP3) e pola outra da posibilidade de inserirmos un cartón micro SD de ata 64 GB.
Na parte máis técnica inclúe un procesador de oito núcleos, concretamente o MediaTek MT6592 de 1,4 GHz e tecnoloxía de 64 bits. Ademais dispón dunha memoria RAM de 2 GB. O procesador Mediatek vén acompañado por unha GPU Mali 450MP. Á hora de falar de autonomía dicir que o InnJooOne dispón dunha batería de 2.600 mAh.
O terminal xa pode adquirirse por 199 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

TREBELLOS

O Honor Magic9 Pro Max inicia o seu espallamento internacional

24/11/2026
TREBELLOS

Samsung presenta o primeiro monitor gaming capaz de alcanzar os 1.100 Hz

23/11/2026
TREBELLOS

Primeiros auriculares abertos con deseño de clip de Xiaomi

17/11/2026
TREBELLOS

Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?