Mentres a versión para consolas de Batman: Arkham Knight está a recibir loas constantes e o seu primeiro episodio descargable, os usuarios de PC deberán agardar a que o xogo corrixa os seu numerosos problemas de rendemento, xa que Warner Bros Interactive Entertainment asegura que conxelaron a integración dos DLC no xogo ata que consigan que o título supere os seus estándares de calidade, para desesperación dos usuarios que continúan a xogar ao mesmo pese aos seus fallos.
Pero aínda que un lixeiro retraso no lanzamento dos DLC (que en moitos casos adquiríronse anticipadamente a través do pase de tempada) poida considerarse aceptable, de ser moi longa a espera a situación mudaría drasticamente, e parece que será así, pois un correo electrónico filtrado indicaría que a versión para PC de Batman: Arkham Knight non estaría corrixida ata o outono, o que é unha data pouco concreta, e que confirmaría a lentitude ca corrección de erros. De feito, o primeiro parche publicado do xogo non corrixiu ningunha das eivas importantes, limitándose a pequenos detalles (propio das pequenas actualizacións que reciben case todos os xogos durante a súa vida).
A versión para PC de Batman: Arkham Knight podería non estar corrixida ata o outono
Compartir Este Artigo
