O pasado 19 de xuño o hostaleiro compostelán Óscar de Toro iniciou un orixinal percorrido polo Camiño de Santiago co proxecto #OscarOnTheWay organizado por Galicia Calidade e que mañá ás 18:00 horas completarase cun acto final no Parador dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, enclave do Camiño ideal para rematar esta viaxe de promoción gastronómica.
Esta iniciativa busca a promoción de produtos galegos entre os peregrinos a través das redes sociais durante o percorrido do Camiño de Santiago, explicando aos peregrinos as bondades dos produtos galegos e organizando encontros cos romeiros onde se fan degustacións e comparten experiencias que cadaquén vai acumulando ao longo da ruta xacobea.
Como exemplo desta promoción temos os vídeos que durante os pasados días foron subindo á canle de YouTube de Galicia Calidade, aínda que o forte desta campaña divulgativa estaría no uso de Facebook, de Instagram e de Twitter baixo o cancelo #OscarOnTheWay, onde podemos atopar numerosos contidos sobre esta iniciativa, onde se pon en valor a empanada galega, o polbo, o xamón, os melindres de Melide, os pementos de Herbón, os viños… e incluso a xoiería galega (xa que os peregrinos que se cruzaron con Óscar de Toro recibiron vales de desconto para compras na páxina web de Ardentía).
Un dos vídeos de #OscarOnTheWay publicados na canle de YouTube de Galicia Calidade
#OscarOnTheWay entra na súa recta final
Compartir Este Artigo
