A compra de Jazztel por parte de Orange levaba á compañía resultante a desfacerse de parte da rede de fibra e ADSL de Jazztel, e finalmente a sociedade Masmovil Ibercom acordou con Orange a asignación dos activos de banda larga fixa en condicións vantaxosas, coa venda da rede de fibra e xDSL mencionada, o que permite que Orange cumpra así coas condicións impostas pola Comisión Europea para autorizar a compra de Jazztel por parte de Orange. Espérase agora que a propia Comisión Europea aprobe a operación de compra de Masmovil no mes de setembro (como moi tarde).
Este tipo de operación busca garantir que poida existir un cuarto operador de ámbito estatal que poida competir eficazmente no mercado español, fronte aos tres operadores tradicionais.
Entre os acordos firmados, Jazztel vendería a Masmovil un total de 13 centrais de fibra óptica (FTTH) que actualmente dan acceso a aproximadamente 720.000 fogares das principais cidades españolas, e Masmovil tamén obtén acceso maiorista a un prezo preferencial á totalidade da rede de cobra xDSL de Jazztel (que inclúe a oferta comercial de ADSL, ADSL2+ e VDSL2) durante un período de 4 anos (ampliable por 4 anos máis) o que facilitará que Masmovil poida competir inmediatamente no 78% do territorio español (chegando a 18,6 millóns de fogares).
Masmovil farase coa rede de fibra óptica e o xDSL de Jazztel
Compartir Este Artigo
