Cun par de semanas de retraso, Apple publicou unha actualización do sottware de Boot Camp, que permite o arranque dual entre OS X e Windows, e que finalmente permite a instalación de Windows 10, o que será posible en equipos de Apple dende os modelos de 2012 (na páxina web de Apple dan conta pormenorizada dos equipos compatibles). Aínda que o Windows 10 funciona en ordenadores persoais con bastantes máis anos, no caso dos equipos de Apple o soporte é limitado, xa que a compañía de Cupertino limitouse a adaptar os controladores para equipos máis recentes e, de feito, inclúen o soporte do hardware máis moderno, como os portos USB-C do novo MacBook ou os últimos conectores Thunderbolt e os lectores de tarxetas SDXC.
Cómpre salientar que para poder instalar unha copia de Windows 10 nun equipo de Apple mediante Boot Camp é preciso empregar OS X Yosemite, ou sexa, que para ter o último Windows tamén hai que ter o último OS X.
Os ordenadores de Apple xa son compatibles con Windows 10
Compartir Este Artigo
