O vindeiro venres o encontro gastronómico de profesionais e emprendedores do sector TIC galego coñecido como LaconNetwork chega á súa edición número 66, que terá lugar na Sala Dublín de Carballo, un local ben acondicionado para facer contactos e conversar sobre o sector tecnolóxico como vén a ser habitual nos últimos preto de 6 anos.
Os interesados en acudir a esta nova edición da LaconNetwork poden xa formalizar a súa inscrición vía web, para o que deberán aboar 16 euros para sufragar o xantar. O encontro botará a andar ás 14:30 horas.
Dende a organización do evento lembran que na zona azul de Carballo hai que colocar un papel no salpicadeiro do vehículo indicando a hora na que se aparcou, polo que recomendan estacionar en fóra da zona azul, recomendando para tal fin unha explanada na rúa Girona.
O venres celebrarase unha nova edición da LaconNetwork en Carballo
Compartir Este Artigo

