O vindeiro 24 de febreiro celebrarase en Kinépolis Madrid (Pozuelo de Alarcón) a dotNEt Spain Conference 2016, evento para o que xa está aberta a súa inscrición, e que sería a meirande actividade de .NET realizada en España, xuntando 8 tracks con sesións de máis dunha hora na que instruirán sobre como sacar o máximo partido a .NET e ás ferramentas de desenvolvemento a disposición dos programadores.
Deste xeito os desenvolvedores web, de tecnoloxías cloud, de aplicacións móbiles, de videoxogos ou incluso solucións da Internet das Cousas, atoparán sesións do seu interese dentro deste encontro que tiña unha sorpresa baixo a manga: o máximo responsable de Microsoft, Satya Nadella, será o relator convidado. Temos así unha boa oportunidade para coñecer en primeira persoa e de primeira man a nova estratexia de Microsoft na que dá prioridade ao móbil e á nube, atendendo así, con grande acerto, ás demandas do mercado.
Satya Nadella visitará Madrid o 24 de febreiro
Compartir Este Artigo

