No mes de xuño comezou unha curiosa promoción de Ubisoft para celebrar o seu 30º aniversario que consiste en que a través do Ubisoft Club achega de balde un xogo ao mes durante 7 meses consecutivos, comezando polo clásico Prince of Persia: The Sands of Time, e ofrecendo estes días o xogo de condución The Crew, que destacaba por ser o primeiro xogo de mundo aberto en liña creado pola compañía, acumulando máis de 9 millóns de xogadores dende 2014, e que agora pode xogarse de balde na súa versión para PC sempre que contemos cunha conta de usuario en Uplay.
Aínda que o xogo de condución sexa un magnífico agasallo, máis destacable é o xogo ao que pasaralle o relevo durante un mes, Beyond Good & Evil, título estreado en 2003 e que conseguiu converterse en todo un referente no xénero das aventuras ao que seguiron moitos rumores sobre a súa secuela, ao que contribúe agora esta nova promoción, xa que o feito de que se ofreza este xogo de balde podería achegar as aventuras de Jade a un público que non gozou desta creación de Michel Ancel no seu día, facilitando que logo se manteñan fieis ao que promete converterse nunha saga digna de figurar na historia dos videoxogos.
Ubisoft ofrecerá de balde o xogo Beyond Good & Evil
Compartir Este Artigo
