Para favorecer o esclarecemento de dúbidas e aprender máis sobre a tecnoloxía do xestor de contidos máis empregado actualmente a nivel mundial, WordPress, organizan a Comunidade WordPress Pontevedra, aberta a deseñadores ou desenvolvedores web que manexen a ferramenta a calquera nivel e, para que estes xestores de redes sociais, blogueiros, desenvolvedores… poidan verse as caras organizan para o vindeiro venres ás 19:00 horas no Espacio Arroelo o a súa primeira xuntanza.
Este encontro nun espazo de coworking de referencia no centro de Pontevedra é de carácter gratuíto, buscando simplemente xuntar a un grupo de usuarios que poidan crear un grupo de Meetup e así conformar unha comunidade ao redor dun eixe común.
O venres preséntase en sociedade a Comunidade WordPress Pontevedra
Compartir Este Artigo

