Como adiantamos hai uns días, as rebaixas na tenda dixital de Xbox como anticipo do Black Friday botaron a andar hoxe para os subscritores Gold, mentres que o resto de usuarios terán que agardar ao martes da semana que vén para poder gozar e importantes descontos en máis de 250 xogos de Xbox One e Xbox 360. Deste xeito dende hoxe podemos conseguir un aforro de ata o 40% en Battlefield 1 e FIFA 17 para Xbox One, ata un 30% de desconto en NBA 2K17, ata un 35% de aforro en Forza Horizon 3, nas súas versións para Xbox One, mentres que en Xbox 360 teremos aforros de ata o 50% en Red Dead Redemption, Call of Duty Black Ops e Skate 3 e ata do 40% en Madden 17. Durante a fin de semana tamén incorporaranse ás ofertas grandes xogos como Call of Duty: Infinite Warfare, Skyrim Special Edition ou Fallout 4.
Tamén cómpre lembrar que moitos dos xogos de Xbox 360 (con prezos bastantes axustados agora que a consola está en proceso de desaparición do mercado) poden xogarse en Xbox One, e títulos como Gears of War 4, Forza Horizon 3 e ReCore son especialmente atractivos por estar dentro do programa Play Anywhere, de xeito que ao mercar a versión de Xbox One tamén poderemos xogar aos mesmos en PC sen custo adicional..
Vídeo co que anuncian as rebaixas de BlackFriday en Xbox
