Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames acolle este venres unha mostra de proxectos Maker a cargo dunha ducia de firmas galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames acolle este venres unha mostra de proxectos Maker a cargo dunha ducia de firmas galegas

Redacción
Publicado: 02/12/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

cartel_roteiro_maker.jpgAmes (A Coruña) é este venres a capital galega da tecnoloxía universal e aberta. É dicir, de todo aquilo que nos pode axudar a converternos, teñamos o coñecementos e a experiencia que teñamos, en creadores propiamente ditos de tecnoloxías, amais de usuarios de divulgadores. Falamos da iniciativa Roteiro Maker, organizada polo Concello (a través da Concellaría de Promoción Económica) para toda a xornada do 2 de decembro, seguindo o espírito das correntes actuais do “faino ti mesmo” e incluíndo cousas como unha mostra de proxectos de innovación na que participan 11 empresas galegas. O Roteiro, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña, desenvolverase na Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 10:00 a 21:00 horas.
A xornada da mañá, de 10:00 a 14:00 horas, está orientada ás empresas, mentres que pola tarde está dirixida aos nenos/as e ao público en xeral. Ás 10:00h está prevista a apertura da exposición. Unha hora máis tarde, ás 11:00 horas, impartirase a charla Reinventarse coas tecnoloxías do cambio, a cargo de Julio César González, presidente e investigador do Centro Científico Tecnolóxico de Investigación Aplicada Teaxul. As 12:00h haberá outra charla, desta volta a cargo de Eldara Rodríguez Cobo, responsable de innovación da empresa NanoGap do Milladoiro, quen falará da Nanotecnoloxia na Industria. Unha vez rematadas estas charlas, de 13:00 a 14:00 horas, será a quenda do traballo en rede (o que se coñece como networking).
Pola tarde, ás 16:30h desenvolverase un obradoiro de química, que está dirixido aos rapaces e rapazas de 10 anos en diante, e ás 18:30 horas, haberá outro taller de electrónica, neste caso para nenos e nenas que teñan a partir de 6 anos. Estes obradoiros, que son de balde, serán impartidos pola empresa VermisLab, que recunca con esta sesión participativa logo das charlas impartidas este mércores por dous técnicos da firma nos IES do Milladoiro e de Bertamiráns sobre a cultura Maker e as novas tecnoloxías. Nestas charlas, desenvolvidas perante 200 mozas e mozos, participaron Enrique Saavedra e Javier Vila, este último ex-alumno do IES de Bertamiráns.

Intre dunha das charlas desenvolvidas os días pasados pola firma VermisLab no concello de Ames
Intre dunha das charlas desenvolvidas os días pasados pola firma VermisLab no concello de Ames
A mostra
Na exposición participarán 12 empresas: 7 Varas, que ofrecerán bicicletas ecolóxicas de bambú feitas a man; Alicornio, empresa que ofrece servizos audiovisuais e procesado de datos técnicos en diversos formatos mediante o uso de plataformas voantes non tripuladas (drons); Arcade Pi, que achegará máquinas de videoxogos feitas con Raspberry Pi, Escornabot, proxecto educativo que busca iniciar aos cativos no campo da robótica e a programación mediante a creación manual dun robot, e Factoría de Androides, que amosará as súas esculturas de robots “con aire retro” e feitos con materiais de refugallo.
Por outra banda, a empresa Irmáns Vidal, dará a coñecer o traballo que realiza para a creación de esculturas interactivas con efecto 3D manual. Tamén participan as empresas Makergal, compañía de deseño e distribución de impresoras 3D feitas en Galicia; Mateo Mena, inventor de The Hypercubes (sintetizadores analóxicos para facer música e electrónica de maneira manual e sen fíos); Nacho Porto, que se centra na innovación tecnolóxica aplicada á cerámica; a Sociedade Xuvenil Galega de Química, espazo de traballo de divulgación e valorización da investigación galega no eido da Química; e UVigoMotorsport, primeiro equipo de Formula Student de Galicia e que ten como obxectivo deseñar un monopraza apto para competir na presente tempada.
Por outra banda, a Casa Escola Obradoiro Ana Rosa, emprazada nas Punxeiras Altas (parroquia de Ortoño), presentará novos patróns e innovadores puntos para o ámbito do encaixe e o bordado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

OpenAI e Cisco desenvolven un escudo para protexer sistemas Linux sen interromper o seu funcionamento

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?