Microsoft vén de dar conta dos xogos que recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE durante o mes de xaneiro, cando soltaron o pé do acelerador, de xeito que os títulos que funcionarán para Xbox One son moi discretos, mentres que para Xbox 360 (que grazas á retrocompatibilidade tamén chega a Xbox One) só destacaría un único título. Concretando, os Xogos con Gold de xaneiro serán, para Xbox One, World of Van Helsing: Deathtrap para Xbox One, que estará dispoñible durante todo o mes, mentres que a partires do día 16 chegará Killer Instinct Season 2 Ultra Edition (lembremos que a primeira tempada do xogo tamén se incluíu nesta promoción hai un ano).
Para Xbox 360 chega durante o primeiro trimestre de xaneiro The Cave, un divertido xogo de acción e aventura de Double Fine (o estudio de Ron Gilbert, creador de Monkey Island e Maniac Mansion); mentres que o prato forte do mes chega no segundo trimestre con Rayman Origins, xogo que reinventando e recuperando a Rayman demostrou que os xogos de plataformas en 2D aínda tiñan moito que dicir.
Rayman Origins destaca entre os Xogos con Gold de xaneiro
Compartir Este Artigo
