Unha vez máis, mentres os usuarios de Xbox gozan dun dos mellores meses no que se refire aos xogos que reciben coa subscrición de pagamento para poder xogar en liña, os usuarios de consolas PlayStation padecen unha oferta de xogos moi inferior, ateigada de títulos independentes totalmente descoñecidos para o grande público, coa excepción un único xogo, LittleBigPlanet 3, que é o único xogo importante que os subscritores e PlayStation Plus recibirán en febreiro, aínda que faranse agardar ata o vindeiro día 7. O outro xogo oficialmente de PS4 que chegará en febreiro será Not A Hero, título de Devolver Digital con gráficos pixelados.
Os xogos para PS3 de febreiro serán Anna: Extended Edition e Starwhal (este último con Cross Buy con PS4), mentres que os títulos para PS Vita serían Ninja Senki DX e TorqueL, ambos con Cross Buy con PlayStation 4. Vai, que unha vez máis Sony afástase do nivel propio dos xogos que incluía en PS Plus nos seus inicios, para limitarse a cumprir o compromiso de ofrecer 6 xogos ao mes sen coidar o interese que os usuarios poidan ter polos mesmos.
Vídeo no que anuncian os xogos de PS Plus deste mes
Interesante oferta semanal
Por outra banda a partires de hoxe a PlayStation Store tamén incorpora unha interesante oferta semanal: o xogo Steep cun desconto de ata o 42%, ou sexa, que será posible facerse con este xogo de deportes de inverno de Ubisoft por a partires de 39,99 euros.
