O grupo PHPVigo organiza un novo Meetup mañá mesmo ás 20:00 en Kaleido Coworking Center (espazo de coworking accesible dende as rúas García Barbón e Rosalía de Castro) onde durante unha horas e cuarto afondarase en cuestións técnicas que grande interese para desenvolvedores e administradores de páxinas web que queren optimizar o seu rendemento e prepararse para soportar altas cargas de tráfico.
O encontro abrirá con Óscar Miguel, un dos responsables de Diariomotor e ¿Qué coche me compro?, quen achegará ás chaves para xestionar unha páxina web baseada en WordPress que teña máis de 200.000 páxinas vistas ao día; a quen seguirá Rubén González para explicar como mellorar o desempeño de páxinas web con Blackfire (explicará dende como instalar e usar o profiler PHP de Blackfire ata os mellores trucos para programar en PHP de xeito eficiente).
Vigo acollerá un par de charlas sobre optimización de servidores web baseados en PHP
Compartir Este Artigo

