Como serán os ordenadores portátiles do futuro? Manterán o formato tradicional de teclado e pantalla unidos por unha bisagra? Apostarán polas tecnoloxías táctiles? Actualmente están a explorarse moitas liñas de desenvolvemento nas que non só a tecnoloxía é unha barreira, senón que tamén os usuarios teñen moito que dicir, de aí que ninguén teña unha clara resposta da senda que seguiremos, pero Lenovo parece ter unha curiosa idea sobre por onde poderían ir os tiros.
A compañía chinesa presentou un concepto de ordenador que consideran que podería ser o longamente soñado ordenador encartable, un equipo fabricado con novos materiais que non só podería pregarse de xeito semellante a como facemos cos xornais para transportalos comodamente debaixo do brazo, senón que tamén apostaría pola conexión á Rede constante, a escritura sobre a súa pantalla, o recoñecemento de voz como método de interacción e, como detalle non menos curioso, prescindiría do tradicional trackpad recuperando o icónico TrackPoint vermello dos portátiles ThinkPad.
Cómpre advertir que polo momento este deseño conceptual é só iso, non existindo ningún prototipo actualmente, pero permítenos anticipar o rumbo que quere tomar a compañía de cara ao desenvolvemento dos ordenadores do mañá.
Lenovo quere que os portátiles do futuro sexan pregables
Compartir Este Artigo
