A Aula AMTIC (Ames) formará á veciñanza do rural en competencias dixitais en marzo e abril
martes, 24 de febreiro do 2026
A Aula AMTIC do Concello de Ames ten programado para estes meses de marzo e abril un curso de competencias dixitais para a vida cotiá nas parroquias de BiduÃdo, Tapia, Bugallido e Ameixenda. Ten unha duración total de 25 horas, e nel abordaranse cuestións como a xestión dixital, a creación de contidos dixitais ou o uso da intelixencia artificial.
Esta formación, busca achegar ás parroquias ao desenvolvemento dixital, asà como a seguridade e fluidez á hora de relacionarse co mundo dixital.
Este curso ten como obxectivos mellorar a xestión dixital, busca de información en liña, a creación de contidos dixitais, a seguridade e benestar en liña e o uso da intelixencia artificial. Todo, mediante exemplos prácticos e resolución de pequenos problemas que xorden no noso dÃa a dÃa e que cada vez é máis necesario saber combater.
O curso está dividido en seis módulos temáticos de distintos tempos de duración ata completar as 25 horas e facilitar a aprendizaxe. Deste xeito, repártese en: Xestión dixital, 5 horas; Relacionarse no mundo dixital, 5 horas; Resolución de problemas, 2.30 horas; Creación de contidos dixitais, 5 horas; Seguridade e benestar dixital, 5 horas; e Uso da intelixencia artificial, 2.30 horas.
A formación impartirase os dÃas 9, 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 23 e 24 de marzo en BiduÃdo, de 10.00 a 12.30 horas, e en Tapia, de 15.15 a 17.45 horas. No mes de abril, impartirase os dÃas 13, 12, 15, 16, 17, 20, 21, 23, 23 e 24 en Bugallido, de 10.00 a 12.30 horas, e en Ameixenda, de 16.00 a 18.30 horas.
