A Aula AMTIC (Ames) ofrece novos cursos de alfabetización dixital nas parroquias
xoves, 2 de xaneiro do 2025
Dentro da súa programación para o primeiro trimestre de 2025, a Aula AMTIC (Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación) vai comezar o ano ofrecendo cursos de informática para o desenvolvemento e capacitación dixital no medio rural. Levaranse a cabo a partir do 13 de xaneiro en Agrón, Trasmonte, BiduÃdo, Bugallido e na Ameixenda.
A formación é de balde, e inclúe 25 horas de clases prácticas, que se desenvolverán en clases de dúas a tres horas, un dÃa á semana. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 674 594 843, en horario de atención de luns a venres de 9:30 a 14:00 horas. AÃnda hai prazas dispoñÃbeis, segundo coinfirmou o Concello.
O temario destes cursos abrangue a navegación por Internet (busca en liña e navegación segura), o uso do correo electrónico (creación de contas e envÃo de correos) a introdución a Windows, a utilización de Office en liña, o uso de imaxes, a impresión de documentos, a introdución á folla de cálculo (formato de celas e gráficos básicos) e o uso do teléfono intelixente (configuración e axustes iniciais, chamadas e mensaxes de texto, aplicacións de mensaxerÃa, uso da cámara, agregar e eliminar contactos...).
As actividades vanse celebrar nos locais sociais de Agrón, Trasmonte, BiduÃdo, Bugallido e da Ameixenda. Os luns, o curso terá lugar en Agrón (de 16:00 a 18:30 horas). Os martes, será a quenda de Trasmonte (de 16:00 a 18:30 horas) e de BiduÃdo (de 18:30 a 21:30 horas). En Bugallido a formación desenvolverase os mércores (de 18:30 a 20:00 horas). O xoves as clases serán na Ameixenda (de 19:00 a 21:30 horas).
Os interesados en anotarse poden facelo chamando ao teléfono 674 594 843. RequÃrese que os participantes conten con coñecementos básicos de informática. Os cursos, que son gratuÃtos, darán comezo a semana do 13 de xaneiro, e terán unha duración de 25 horas en total. Hai prazas limitadas, e a cota máxima por cada grupo será de 12 alumnos.