A CNMV sancionará a X por promocionar calotes financeiros
xoves, 26 de decembro do 2024
- Martiño Rivas era un dos famosos empregados como engado dun calote financeiro
Hai un ano a Comisión Nacional do Mercado de Valores alertou sobre unha fraude financeira difundida en redes sociais empregando a imaxe de persoas famosas e medios de comunicación, e agora, o Comité Executivo da entidade acordou incoar expediente sancionador a Twitter International Unlimited Company polo posible incumprimento dos seus deberes en relación aos anuncios publicados por entidades non autorizades e/ou advertidas a través de X.
A Comisión constatara o grande volume de chÃos patrocinados en X entre outubro e novembro de 2023 nos que a compañÃa Quantum AI estaba a empregar a imaxe de figuras como Martiño Rivas ou Antonio Resines en artigos que finxÃan ser de xornais como El PaÃs para dar consellos de investimento ilegais, pois Quantum AI non contaba con autorización da CNMV (nin outros organismos supervisores estranxeiros) para prestar servizos de investimento.
A CNMV lembra que a publicidade de produtos de investimento publicada en páxinas web, medios de comunicación e redes sociais esixe a comprobación de que «o anunciante conta con licenza para ofrecer servizos de investimento» e «non está advertido como un chiringuito financeiro ou entidade pirata», precaución que X non tomou ao aceptar publicidade de Quantum AI, polo que é bastante probable que teña que asumir unha importante sanción económica.