A Coruña acolle en maio un congreso sobre cibercrime e seguridade dixital
venres, 15 de marzo do 2019
A
Coruña vai acoller os días 22 e 23 de maio o Congreso
de Cibercrime e Seguridade Informática, que organiza o Colexio
de Avogados de A Coruña (ICACOR) no salón de actos da súa sede
(rúa Federico Tapia 11, A Coruña) e máis o Colexio Profesional de
Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), SF Formación, a
World Compliance Association e Smart Human Capital. Neste congreso
estudaranse ferramentas para protexernos dos delitos informáticos, a
nivel individual e empresarial, ou para examinar a nova perspectiva
de defensa, entre outras cuestións.
Segundo
lembra o CPEIG sobre a relevancia das temáticas a tratar, “a
delincuencia a través das novas tecnoloxías, xunto ao tráfico de
drogas, é a que máis beneficios reporta ao crime nestes momentos”.
No congreso porase o foco en actividades delitivas concretas e como
atallalas, como por exemplo os timos das cartas nixerianas, a
suplantación de identidade ou os delitos contra os activos
inmateriais das empresas (como a propiedade intelectual ou
industrial).
Respecto
á contribución do CPEIG, a vogal do colexio, Pilar Vila Avendaño,
ofrecerá o xoves 23 de maio, ás 18:00 horas, un relatorio sobre os
problemas prácticos das periciais relacionadas coas novas
tecnoloxías.
O
evento tamén contará (o primeiro día) coas intervención de Luis
Vázquez Seco (fiscal delegado de Cibercrime na Fiscalía Provincial
da Coruña), Luis Jurado Cano (avogado e socio en Perseus e RC
Abogados), Alberto González (sarxento da Garda Civil e xefe do Grupo
de Estafas Informáticas na Comandancia da Garda Civil da Coruña). O
segundo día participarán Óscar de la Cruz Yagüe (comandante da
Garda Civil da Unidade Central Operativa), Ángel Pablo-Avilés de la
Rosa (xefe de seguridade en Smart Human Capital e ex compoñente do
Grupo de Delitos Telemáticos da UCO, Garda Civil).