A Coruña celebrará o día 17 a súa OSHWDEM, unha xornada acerca de Hardware Libre

luns, 5 de novembro do 2012 Redacción

Aquelas e aqueles apaixonados polo Open Source Hardware -ou Hardware Libre-, polo Arduino, polas impresoras 3D, polo GNU/Linux embebido, pola montaxe de circuítos electrónicos, polos robots ou pola electrónica deberán subliñar na súa axenda unha cita obrigada para o vindeiro 17 de novembro no Centro Cultural Ágora da Coruña, falamos da OSHWDEM ou xornada aberta e demostrativa sobre Open Source Hardware.
E en que consistirá a OSHWDEM? Pois vai ser un evento aberto e gratuíto de carácter tecnolóxico e innovador cun formato participativo, relacionado coa OSHWCON 2012 Madrid -Open Source Hardware, Electronics & Robotics Convention 2012. Cómpre dicir que esta xornada recolle a testemuña da Arduino Barcamp organizada por Inestable no ano 2011 e está promovida pola Asociación GHANDALF e organizada polo grupo de traballo BricoLabs, asemade conta coa colaboración de asociacións de Usuarios de Software Libre (como a xa citada Inestable), axentes do mundo do OSHW como Clonewars ou RadikalBytes, así como das empresas Farnell e Bricogeek.
Emporiso, neste encontro haberá lugar para charlas divulgativas con espazos demostrativos, abranguendo diferentes aspectos relacionados co Hardware Libre: Arduino, Raspberry Pi, impresoras 3D, montaxe de circuítos eléctricos, instrumentos musicais libres, dese 3D con ferramentas libres ou robots libres, obradoiros de montaxe de circuítos eléctricos e dese 3D, nos que os asistentes poderán participar.
Ao longo da xornada, así como durante o xantar, habilitaranse espazos de networking, encamiñados a pór en contacto aos diferentes actores interesados no Hardware Libre.
Engadir que a entrada para a OSHWDEM é de balde. Porén, debido ao aforo e para participar nos concursos, é preciso inscribirse con anterioridade na páxina do evento.
Para máis información cómpre visitar a web oficial do evento.

O Raspberry Pi será un dos produtos que amosaranse no encontro

PUBLICIDADE