A FIC acollerá unha maratón de programación de Windows 8 a vindeira fin de semana
martes, 4 de setembro do 2012
O vindeiro
venres ás 17:00 horas botará a andar na Facutlade de Informática da Coruña o Megathon Windows 8,
o primeiro hackathon multi-cidade
para Windows 8, que xuntará a desenvolvedores informáticos ata o domingo ás
19:00 horas para recibir formación sobre a creación e o deseño de aplicacións
coa interface de usuario de Windows 8 e participar nun concurso de programación
por equipos nesta nova plataforma.
O evento coruñés está organizado por SolidQ coa colaboración da Facultade de
Informática, Vitae Consultores, Pluralsight, CampusMVP, WeKCo, o CPEIG,
Cerebrata e INETA, e desenvolverase seguindo o seguinte programa:
7 de setembro
17:00-17:30 – Acreditación dos participantes
17:30-18:00 – Presentación de proxectos
18:00-18:30 – Formación dos equipos
18:30-21:30 – As 3 primeiras horas de programación
18:30-19:40 – Formación: Plataforma de desenvolvemento de Windows 8 para apps Metro
8 de setembro
10:00-20:00 – Toda unha xornada para programar.
11:00-12:00 – Formación: o que os desenvolvedores web deberÃan saber para construÃr apps Metro de Windows 8
12:00-13:00 – Formación: ConstruÃndo o UI para as apps Metro de Windows 8
17:00-18:00 – Formación: Integrar Contratos nas apps de Windows 8
18:00-19:00 – Formación: Cómo dar vida ás túas apps coas Notificacións e Life Tiles.
9 de setembro
10:00-17:00 – Derradeiras 5 horas de programación
11:00-12:00 – Formación: Xestión do ciclo de vida dunha app Metro de Windows 8
12:00-13:00 – Formación: Aproveitar o hardware moderno en apps Metro de Windows 8.
17:00-18:00 – Presentación dos proxectos
18:00-19:00 – Anuncio de gañadores e entrega de premios locais