Dá a impresión de que cada vez temos máis actividade social no sector tecnolóxico galego, destacando especialmente do“momento gástrico de cada último venres de cada mes dos albaneis da nube, emprendedores , Internet e cloud computing” coñecido coma LaconNetwork, unha serie de eventos que coa escusa dun xantar xunta a profesionais e emprendedores das TIC que queren relacionarse con persoas coas mesmas inquedanzas que consolidouse durante 2010 e que o venres 27 celebrará xa o seu segundo aniversario nun encontro moi especial que terá lugar no Centro Tecnolóxico de Arteixo e que contará cun condutor de luxo, o humorista galego Rober Bodegas.

A inscrición para o evento xa está aberta, tendo que aboar os asistentes 17 euros por anticipado para axilizar o pagamento do xantar que acompaña a xornada.
A LaconNetwork celebrará o seu segundo aniversario en Arteixo
Compartir Este Artigo

