A Noite Galega das Telecomunicacións reúne este venres a preto de 250 representantes do noso sector TIC
xoves, 22 de setembro do 2022
O
Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación
de Galicia celebrarán este venres 23 de setembro en Vigo unha nova
edición da súa tradicional Noite
Galega das Telecomunicacións. Será novamente unha relevante
actividade de networking para
os profesionais do sector, na que que está previsto que
participen 250 persoas, principalmente enxeñeiros de
telecomunicación asociados, representantes de destacadas entidades
que patrocinan o evento, organizacións, profesionais e empresas do
ámbito TIC (TecnoloxÃas da Información e a Comunicación).
Previamente
á celebración desta velada, cuxo lema este ano é Dixitalización
sen fronteiras sociais, o colectivo dos telecos galegos
entregará os
Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade da Información
2022, que recoñecen a cinco persoeiros ou entidades que destacan
en diferentes ámbitos relacionados co eido TIC na comunidade
autónoma. Esta gala vai ser presentada polo actor galego Carlos
Blanco. Ademais do decano do Colexio Oficial e presidente da
Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, Julio
Sánchez Agrelo, intervirán no acto o director da Axencia para a
Modernización Tecnolóxica de Galicia, Julián Cerviño; a delegada
da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias; e o alcalde da cidade,
Abel Caballero.
A
cita será no Hotel Attica 21, no 15 da avenida de Samil.
Programa
21,30
h.- Entrega dos Premios Galicia das Telecomunicacións e da Sociedade
da Información 2022.
22,30
h.- Inicio da 26 Noite Galega das Telecomunicacións