A PlayStation 4 sae á venda no Xapón
luns, 24 de febreiro do 2014
- O primeiro comprador xaponés da PS4 xunto a Andrew House e Hiroshi Kawano
As
consolas de nova xeracións non só están a sorprender por vender moito máis do
agardado, senón tamén polo seu calendario de lanzamentos, xa que é a primeira
vez na que Europa e EE.UU. reciben a nova consola de Sony antes que o Xapón, e
aÃnda que na pasada campaña de Nadal xa puidemos ver a nova PlayStation 4 nas
tendas do noso territorio, non foi ata o pasado sábado cando apareceu nos
estantes dos establecementos nipóns, onde espérase que se esgoten todas as
unidades dispoñibles, disparando os resultados comerciais da PS4 (que xa vendeu 5,3 millóns
de unidades sen estrearse no seu propio territorio) podendo chegar aos 6,5 millóns de consolas vendidas ao peche do mes que vén.
A
estrea da PS4 no Xapón estivo acompañada por inmensas colas nas portas das tendas
que dispoñÃan da consola, que adiou en boa medida a máquina para poder contar
cun bo catálogo de xogos destinados ao público nipón (finalmente completou un
catálogo de 27 xogos) con tÃtulos como Dynasty
Warriors 8: Xtreame Legends, Yakuza
Ishin e Onigiri, asà como a
apertura da beta para PS4 de Final
Fantasy XIV: A Realm Reborn (en breve tamén abrirase a beta ao xogo de
Capcom Deep Down).
Anuncio xaponés do lanzamento da PlayStation 4