A PlayStation 5 Slim podería chegar este mesmo ano

martes, 4 de xullo do 2023 Marcus Fernández

O xuízo no que Microsoft se enfronta á FTC por mor do seu bloqueo á compra de Activision Blizzard continúa a salpicar a PlayStation, e tras desvelarse detalles como o orzamento de xogos como Horizon Forbidden West e The Last of Us Parte II ou os ingresos xerados por Call of Duty, desvélase un novo documento no que, ao falar dos prezos das consolas Xbox e PlayStation, dende Microsoft dan por feito de que este mesmo ano sairá á venda unha PlayStation 5 Slim a un prezo de 399,99 dólares nos EE.UU.
O redeseño da PlayStation 5 vén rumoreándose dende o ano pasado, cando colleu forza a teoría de que Sony desbotaría o esquema actual de consolas, cun modelo con disco óptico e outro sen disco, mudando a unha consola sen disco ao que podería incorporárselle unha unidade de disco. Algunhas filtracións sosteñen que este modelo de consola existe e está a probarse por parte de persoal de Sony, e podería ser a suposta PlayStation 5 da que fala Microsoft.

PUBLICIDADE