A Steam Deck por fin pode adquirirse sen reserva
venres, 7 de outubro do 2022
Valve anunciou
no verán de 2021 unha consola portátil para xogos de PC chamada Steam Desk,
que non chegou a lanzarse até o
25 de febreiro deste mesmo ano, pero con serios problemas de produción que
facían que só puidese facerse cunha destas máquinas quen a tivese reservado con
meses de antelación, situación que vén de solucionarse, de xeito que a
Steam Deck por fin está dispoñible sen reserva, aproveitándose a ocasión
para pór á venda a súa estación de
acoplamento.
A Steam Deck pode adquirirse
agora por entre 419 e 679 euros en función do almacenamento e os
complementos incluídos co produto; mentres que a nova estación de acomplamento
véndese por 99 euros, sendo un accesorio ideal para poder empregar a Steam
Deck no escritorio, xa que engade 3 portos USB-A 3.1, un porto Gigabit Ethernet
e saídas de vídeo DisplayPort 1.4 e HDMI 2.0, polo que sería unha solución moi
axeitada para converter a consola portátil de Valve nunha especie de consola
doméstica ou incluso un ordenador de sobremesa (pois internamente segue a ser
un PC).
- O novo Dock para a Steam Deck permite utilizar a consola portátil comodamente no escritorio
Vídeo coas últimas novidades sobre a Steam Deck