A Xbox One estrea aplicación de Amazon Prime Video
martes, 31 de outubro do 2017
O servizo Amazon Prime
Video está a piques de cumprir un ano de vida en España, pero esta
plataforma de vÃdeo baixo demanda para subscritores de Amazon Prime chegou
cunha carencia moi importante: case era imposible de acceder á mesma fóra do
ordenador e de dispositivos móbiles, en boa medida por culpa da polÃtica de
Amazon de oporse a dispositivos como o Chromecast de Google (xa que compiten
cos mesmos con hardware propio nalgúns paÃses). Pero o problema foi
solucionándose paulatinamente, e tras o lanzamento de aplicacións en bastantes
Smart TV, chegou a quenda das consolas de videoxogos, que tamén son un xeito
moi efectivo de levar os contidos audiovisuais ao televisor do salón.
En setembro Amazon Prime Video estreou aplicación
oficial para PlayStation 4, e agora acontece o propio para
Xbox One, de xeito que a consola de Microsoft pode empregarse para
reproducir series de televisión, pelÃculas e outros contidos desta plataforma
audiovisual que cada dÃa ten máis material en español.
Este lanzamento non se limitou ao mercado español, senón que a aplicación de
Amazon Prime Video chegou hoxe tamén a Canadá, México, Francia, Italia e India,
como anticipo a unha dispoñibilidade
global da aplicación o vindeiro 7 de novembro.
Esta aplicación é especialmente atractiva para usuarios dunha Xbox One S ou
Xbox One X, xa que conta con contidos en ultra alta definición, facilitando asÃ
que quen teña un televisor compatible poida gozar de contidos cun grande nivel
de detalle. Espérase que en breve (antes de rematar o ano) a aplicación de Amazon Prime Video tamén chegue a Apple TV, especialmente agora que existe unha versión 4K do dispositivo.