Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A andaina colectiva para unir Malpica e Fisterra pola beira do mar deixa fondas pegadas na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A andaina colectiva para unir Malpica e Fisterra pola beira do mar deixa fondas pegadas na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/05/2013
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

camino_faros_malpica.jpgO Camiño dos Faros é unha iniciativa dupla de mobilidade e reivindicación. Un percorrido que se fai fisicamente e que vai trazando na Rede o seu reflexo perdurable. Máis polo miúdo, no blog de seu, un espazo en liña que amosa en detalle todo o relacionado con este itinerario colectivo para promover e defender a conservación e a utilidade dos vieiros que unen pola beiramar unhas vilas con outras na Costa da Morte dente tempos que se perden na memoria. Asemade, o proxecto incide na Internet sen renunciar a tirar proveito do que esta lle envía. De feito, detrás da iniciativa atópase un grupo de persoas que, coma unha rede social, descobre en cada sesión-andaina a suma de novos camiñantes.
O Camiño dos Faros, máis en detalle, é unha iniciativa para unir Malpica e Fisterra pola beira do mar. En total, son 200 quilómetros que conectan tódalas rutas existentes e que, en palabras dos trasnos (os responsables desta andaina cada vez máis multitudinaria), “dánlles ademais un sentido”. Cada sección do blog e do espazo en Facebook da iniciativa é unha etapa diaria que se percorre sen outra axuda que as pernas de cada quen. Acompáñanse os detalles descritivos de cada etapa con múltiples imaxes feitas a pé de campo e dun xeito colectivo, seguindo o espírito de participación da proposta. A ruta comezou en Malpica o domingo 28 de abril, con 22 trasnos/as de diferentes idades e procedencias: Coruña, de Carballo, de Malpica, de Baio, de Corcubión, de Vigo, de Monforte, etc. O resultado desta primeira xeira foi como dixemos unha completa reportaxe fotográfica e unha mensaxe ben clara: camiñar é un xeito de reivindicar. No blog O Camiño dos Faros podemos atopar todo o preciso, a nivel informativo e tecnolóxico, sobre este percorrido. Por exemplo: a ruta ao completo pormenorizada en Wikiloc (podemos baixala e seguila dende o noso smartphone), o itinerario en Google Maps ou as diferentes etapas descritas punto por punto e incluíndo quilometraxes, perfiles, descricións da contorna e múltiples imaxes e informacións sobre as vilas que atoparemos e as praias e cabos que teremos ocasión que percorrer.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O CITIC participa en Palencia e Valladolid nunhas xornadas sobre sensórica do movemento e IA

23/11/2026
Actualidade

Javier Díaz Bruguera ingresa na RAGC como académico da sección de Ciencias Técnicas

23/11/2026
Actualidade

Milladoiro (Ames) acolle un obradoiro básico sobre competencias dixitais para mulleres emprendedoras de zonas rurais

23/11/2026
gtc25-phase3-wmfg.jpg
Actualidade

nVIDIA restitúe a Jensen Huang como presidente e conselleiro delegado tras unha investigación interna

23/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?