A aplicación de Xbox para Android permitirá comprar e gozar de xogos

venres, 11 de outubro do 2024 Marcus Fernández

Google terá que abrir a súa tenda de aplicacións para Android á competencia tras unha resolución xudicial, e como consecuencia a estes cambios temos un importante anuncio da presidenta de Xbox, Sarah Bond, quen asegura que a partir de novembro teñen previsto que a aplicación de Xbox para Android permita tanto adquirir como xogar aos títulos de Xbox.
Estamos ante un anuncio moi importante, xa que deixaría claras as posibilidades que abrirían as novas condicións da tenda de aplicacións de Google para Android nos EE.UU., facilitando que as aplicacións móbiles sexan tan libres como as páxinas web á hora de realizar compras e gozar dos xogos en streaming.
Polo momento estamos ante unhas declaracións dunha directiva de Xbox, aínda que parece bastante probable que o comunicado oficial non se realice até o comezo de novembro, cando se supón que Google realizaría os cambios na súa tenda de aplicacións (agás que se atendan as moratorias que solicitou a compañía).