A tenda de aplicacións de Google terá que abrirse á competencia
martes, 8 de outubro do 2024
Tras 10 meses de espera tras a resolución inicial, por fin temos veredicto da causa xudicial de Epic Games contra Google nos EE.UU., considerando o tribunal que a tenda de aplicacións de Google para Android abusa da súa posición dominante, nunha liña semellante ao que aconteceu coa App Store de Apple en Europa, obrigando a Google a establecer toda unha serie de cambios que considera inxustos por ignorar que na práctica existe unha competencia real entre Android e Apple, polo que anuncian que recorrerán o veredicto.
O fallo xudicial impediría que Google impor o seu sistema de facturación nas aplicacións distribuídas na súa tenda de aplicacións, tampouco podería prohibir o uso de métodos de pagamento alternativas, tería que permitir que os desenvolvedores establecesen os seus propios prezos, debería permitir que os desenvolvedores inclúan ligazóns que faciliten a descarga das súas aplicacións fóra da tenda de Google, impediría compartir ingresos da tenda con entidades que distribúan aplicacións de Android, prohibiría ofrecer incentivos ás aplicacións exclusivas ou en primicia e tampouco podería ofrecer incentivos aos fabricantes para a instalación da tenda (ou para non instalar outras tendas) nos seus dispositivos.
Estas condicións deberían cumprirse dentro de 8 meses, o que sería todo un reto para Google, xa que supón cambios moi importantes no seu xeito de traballar, polo que parece bastante probable que se atenda á súa petición de suspensión da sentenza ata que se resolva o seu recurso.
