A baixada de prezo da PlayStation TV dispara o seu atractivo
luns, 30 de marzo do 2015
O
pasado outono Sony
trouxo a España o seu dispositivo PlayStation TV, que vén a ser unha
especie de consola PS Vita que se conecta directamente ao televisor e que se controla
cun mando de PS3 ou PS4, de xeito que serÃa como unha versión doméstica da
consola portátil de Sony, resultando interesante por abrir tamén o acceso aos
contidos en liña da compañÃa, que van dende o material audiovisual até os xogos
na nube, resultando a versión máis económica que agora aÃnda o é máis pois,
aÃnda que nos últimos meses custaba 99,99 euros, nos últimos dÃas pode atoparse
por menos de 60 euros.
Polo momento o prezo oficial da PlayStation TV non mudou no territorio español,
pero en tendas como Amazon, GAME ou Fnac pode atoparse por entre 53 e 59,99
euros, o que é unha barreira de entrada moi baixa para un trebello que está a
adoptar usos bastante distintos dos iniciais. AsÃ, aÃnda que até o momento se
entendÃa que a PlayStation TV era un xeito de gozar dos xogos de PS Vita no
televisor, o feito de que o catálogo de xogos de PS Vita estea moi maltratado
fai que os usos alternativos gañen peso, e agora a PlayStation TV está a
promocionarse como un xeito de poder gozar dos xogos de PS4 en remoto, xa que é
unha das súas novas prestacións: podemos ter unha consola PlayStation 4 nun
curruncho do fogar e, se o televisor á que está conectada vai empregarse para
outros usuario, poderiamos trasladarnos a outro televisor no que teñamos unha
PlayStation TV par continuar a nosa partida. Unha curiosa funcionalidade que
parecÃa anecdótica até agora que este curioso trebello baixa de prezo,
converténdose en moito máis que unha PS Vita doméstica.
Ao parecer este cambio de prezo está a ter unha repercusión radical nun produto
que parece abandonado, e no Reino Unido en Amazon rexistraron
un incremento das vendas da PlayStation TV do 1.272% en 24 horas tras a rebaixa
a case a metade do seu prezo inicial.