A ciencia do dato dáse cita na Coruña
venres, 9 de maio do 2025
O vindeiro 31 de maio o edificio da ReitorÃa da Universidade da Coruña vai servir de escenario para a celebración da terceira edición da Datolada, un encontro centrado na ciencia de datos, a intelixencia artificial e a analÃtica dixital organizado pola comunidade independente e sen ánimo de lucro Datola.
A xornada contará coa participación de máis de dous centos de persoa, o que supón dobrar o número de asistentes da pasada edición, con todas as entradas esgotadas dende hai varias semanas, deixando constancia do interese que suscita este tipo de encontros profesionais.
A Datolada consolidouse como un espazo de encontro entre profesionais, empresas e talento emerxente da comunidade do dato, cun programa que combina relatorios, dinámicas colaborativas, obradoiros e networking, cun enfoque plural e transversal: dende visións técnicas ata reflexións sobre ética, visualización, comunicación, creatividade ou impacto social dos datos.
Os relatores desta edición da Datolada serán Armando Ferrer (NTT DATA), quen falará sobre como se combinan datos de múltiples fontes, obxectivos e ferramentas para crear experiencias personalizadas de xeito transparente; Fernanda Guerra (Vodafone España), quen se achegará a automatización de eventos e validacións na analÃtica combinando ferramentas como n8n e Tealium; Valeria Colombo analizará como métricas como a canle de entrada ou o time to hire axudan a tomar mellores decisións; Roberto González (Abanca) dará unha mirada crÃtica e divertida sobre o rol dos grandes modelos de linguaxe como GPT; e Andrea Magán (Sngular), quen dará conta dunha aplicación de visualización a medida, pensada para escalar, integrarse en tempo real e adaptarse a cada cliente sen reinventar a roda.
O encontro tamén inclúe unha sesión de Solta o Dato!, no que sete relatores contarán con cadanseus cinco minutos para expor ideas fugaces que poden servir de inspiración, e que nesta ocasión serán Brais Calvo, Pelayo Puerta, Irene Giadás, Aldo Vázquez, MarÃa Fernández e Jorge MartÃnez.
- FotografÃa de familia da edición de 2024 da Datolada