A construción do novo CESGA será o primeiro proxecto estratéxico de investigación pública de Galicia
martes, 12 de agosto do 2025
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román RodrÃguez, presentou hoxe en Santiago o proxecto do novo edificio do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), acompañado das primeiras infografÃas que amosan o seu deseño final. No acto anunciou que a Xunta declarará a súa construción como proxecto estratéxico de investigación de iniciativa pública de Galicia, unha figura creada este ano pola Lei de Medidas Fiscais e Administrativas «que permite axilizar o proceso e simplificar os trámites administrativos». Xunto á directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, o titular de Ciencia salientou que esta medida permitirá completar a ampliación do CESGA no verán de 2026 «nun tempo récord».
A declaración de proxecto estratéxico, que deberá recibir o visto bo do Consello da Xunta, facilitará a construción do novo edificio, que se situará no polÃgono da Sionlla, ao reducir os procedementos administrativos precisos. Como paso previo, o proxecto estará en exposición pública desde hoxe e ata o 24 de setembro. Segundo destacou RodrÃguez, estas novas instalacións favorecerán a captación de investimentos nacionais e internacionais, asà como o impulso á innovación, á internacionalización e á competitividade.
O conselleiro subliñou que este paso permitirá «avanzar máis rapidamente na investigación e na innovación en eidos cun impacto relevante na vida das persoas grazas ao traballo que se realiza no CESGA». Engadiu que o centro «contribúe a consolidar Galicia como un polo de referencia da I+D+i a nivel europeo e global».
Funcionalidade e estética en 6.000 m²
O investimento total previsto é de 56 millóns de euros, dos que 13 millóns se destinarán á construción do novo edificio, a cargo da UTE Copasa-Dominion, con inicio das obras en outubro. O inmoble erguerase nunha parcela de máis de 9.100 m², cunha superficie de actuación de 5.900 m². O edificio contará con 2.700 m², mentres que os espazos exteriores ocuparán 3.250 m².
A futura sede pretende destacar tanto pola súa funcionalidade como polo seu deseño, incorporando criterios ambientais e de eficiencia enerxética. Disporá dun sistema de climatización adaptado ás súas necesidades técnicas, paneis fotovoltaicos e sistemas de monitorización e seguridade. Terá unha sala para supercomputadores e equipos de almacenamento, laboratorios e salas de experimentación, espazos para reunións e recepción de visitantes, asà como almacéns.
Novos equipamentos
O CESGA, centro mixto da Xunta e do Consello Superior de Investigacións CientÃficas (CSIC), reforzará o seu papel como referente en infraestruturas e coñecemento en computación avanzada. As novas instalacións acollerán o supercomputador Finisterrae IV, un sistema de almacenamento e un computador cuántico, licitados a pasada semana por 34 millóns de euros. O novo supercomputador aumentará a capacidade para atender proxectos de intelixencia artificial, mentres que a mellora do almacenamento permitirá gardar grandes volumes de datos. O computador cuántico engadirá novas posibilidades e completará a oferta tecnolóxica do centro.
Xeración de coñecemento
Este edificio, que complementará á actual sede no campus universitario de Santiago, suporá un importante salto na capacidade de cálculo e almacenamento cientÃfico, favorecendo o avance da comunidade investigadora galega e do CSIC en áreas como fÃsica de altas enerxÃas, meteoroloxÃa, deseño de fármacos ou intelixencia artificial.
Tamén permitirá mellorar os servizos que o CESGA presta a empresas e entidades, reforzando colaboracións con compañÃas tractoras de distintos sectores e contribuÃndo á súa competitividade, cun impacto positivo na calidade de vida da cidadanÃa galega.
