As redes de banda larga de nova xeración están a dar un salto de calidade impresionante coa xeneralización da simetría, ou sexa, ofrecendo a mesma velocidade tanto para descargar contidos da Rede como para envialos, e aínda que Movistar xa anunciou en setembro que actualizaría as súas redes para ofrecer tal característica e varios medios dixitais deron por feito que o salto ás novas capacidades realizaríase o pasado 5 de febreiro, continúa sen haber información oficial ao respecto, e agora detallan dende ADSLzone que os 300 Mbps simétricos de Movistar xa están en probas, de xeito que a súa aplicación a todos os usuarios de fibra óptica estaría próxima, aínda que aplicaríase de xeito progresivo, comezando a súa adopción no mes de abril (aínda que hai que matiza que a data coa que traballa a compañía para a estrea da simetría sería o 1 de maio).
Os usuarios que están a probar as novas conexións empregan a nova Home Gateway Unit (HGU), un dispositivo que integra nun único dispositivo o ONT e un router Wi-Fi AC que sería válido ata conexións simétricas de 1 Gbps. Tamén comentan que, para poder conseguir velocidades de 300 Mbps en todo o fogar están a facer uso do novo Videobridge Wifi+ Dual, un punto de acceso e repetidor de sinal que pode conseguirse cun pagamento inicial de 40 euros.
Dende ADSLzone realizaron numerosas probas nas que confirman que son quen de superar os 300 Mbps de subida coa súa conexión de fibra óptica, o que, cando se converta nalgo xeral, poderá revolucionar o xeito de entender a Internet, xa que desaparecerán as diferencias entre conexións de rede local e conexións remotas no que a velocidade se refire, o que facilitará a creación de redes corporativas distribuídas e fará moito máis áxil o consumo de contidos de xeito remoto.
A fibra óptica simétrica de Movistar podería iniciar os seu espallamento en abril
Compartir Este Artigo
