A nVIDIA SHIELD chega a España este mes
venres, 10 de xuño do 2016
O ano pasado nVIDIA lanzou ao mercado
unha consola de videoxogos baseada en Android TV, a nVIDIA SHIELD, que promociónase
como un dispositivo multi-función que tanto pode servir para achegar Android TV
ao televisor, para reproducir contidos en liña en 4K, para gozar de videoxogos
(especialmente a través do servizo GeForce NOW, que ofrece xogos en streaming) e que o vindeiro 20 de xuño
chegará oficialmente a España a un prezo de 199,99 euors na versión con 16 GB
de almacenamento interno e de 299.99 no caso do modelo PRO con 500 GB de disco duro. En ambos casos o trebello para
conectar ao televiso incluso un SHIELD Controller, sendo posible mercar por
separado un mando a distancia (que custarÃa 54,99 euros).
A nVIDIA SHIELD con Android TV funciona cun potente procesador nVIDIA Tegra X1
cunha GPU de 256 núcleos e 3 GB de RAM, Wi-Fi AC, Bluetooth 5.1, Gigabit
Ethernet e USB 3.0, mide 210 x 130 x 25 milÃmetros e pesa 654 gramos, de xeito
que teriamos unha das consolas domésticas máis pequenas do mercado, pero
ofrecendo algo máis que xogos, xa que este produto busca converterse nun grande
complemento multimedia.
VÃdeo de presentación da nVIDIA SHIELD
Un completo servidor multimedia
De feito Plex confirman que
a potencia da nVIDIA SHIELD permÃtelle non só reproducir contidos audiovisuais,
senón tamén transcodificalos en tempo real, ou sexa, que o procesador de 64 bit
e a gráfica integrada fan que a SHIELD sexa un magnÃfico servidor de contidos
multimedia que logo poderemos reproducir en remoto dende consolas, smartphones,
tabletas, ordenadores... de xeito que estariamos ante a
primeira solución todo-en-un de Plex, que servirÃa tanto para servir como
para reproducir contidos audiovisuais de até ultra alta definición a 60 cadros
por segundo. De todos os xeitos, para poder gozar de Plex na nVIDIA SHIELD haberá
que agardar a unha actualización que recibirá o dispositivo antes de rematar o
presente mes (momento a partires do que o servidor de Plex recibirá
actualizacións de xeito automático).
Cun servidor Plex podemos organizar os nosos contidos audiovisuais nun completo
catálogo no que aparecen portadas, sinopses e valoracións das nosas series de
televisión e pelÃculas favoritas, podendo levar tamén un rexistro dos contidos que
imos vendo, de xeito que serÃa algo semellante a ter un Netflix persoal.
VÃdeo no que dan conta da posibilidadde de converter a nVIDIA nun servidor de Plex