A presentación dos primeiros xogos de PS5 adÃase por mor dos disturbios nos EE.UU.
luns, 1 de xuño do 2020
Estaba
previsto que o
vindeiro xoves ás 22:00 horas tivese lugar o evento de presentación dos
primeiros xogos confirmados para PlayStation 5, que poderÃa seguirse globalmente
por YouTube e Twitch, pero que finalmente decidiron
adiar a súa celebración de xeito indefinido ante a actual situación nos
EE.UU. por mor das protestas cidadás contra o racismo.
Dende Sony aseguran que entenden que os xogadores de todo o mundo estean
ansiosos por saber máis dos xogos que estarán dispoñibles para a futura
PlayStation 5, pero consideran que este nun é un bo momento para celebracións,
e prefiren apartarse para permitir que «poidan escoitarse outras voces importantes».
Nos últimos meses a comunicación de cara á vindeira xeración de consolas de
videoxogos veuse interrompida por mor da crise da COVID-19, e agora temos un
conflito social que non deberÃa ter impacto ningún na industria do videoxogo,
pero co que por sensibilidade Sony prefire non interferir realizando presentacións
importantes que desvÃen a atención.
Cando as augas calmen, Sony retomará un calendario de presentacións bastante
completo conforme deron a entender os últimos dÃas, xa que a cancelación da feira
E3 permite que as compañÃas poidan repartir os seus anuncios durante moitas
semanas, de xeito que as distintas novidades para a mesma plataforma non teñen
que competir pola atención como acontecÃa nas grandes feiras do sector.