A semana que vén terá lugar na Coruña o primeiro Betabeers galego

xoves, 7 de xuño do 2012 Marcus Fernández

A serie de encontros de desenvolvedores web e aplicacións móbiles coñecido como Betabeers vai estrearse en Galicia tras o seu paso por Madrid, Barcelona Murcia, Bilbao e Salamanca, de xeito que o vindeiro 14 de xuño a sede coruñesa da Escola de Negocios Novacaixagalicia será a que dea acubillo a este I Betabeers Galicia, no que terá lugar un relatorio de Xavier Castaño (Igalia) que explicará como é posible facer negocio co Software Libre, concretando no caso da súa empresa.
Á intervención de Castaño seguiranlle as presentacións dun par de proxectos: Galicia CoWorking e nubeOffice. Este último proxecto acudirá na procura de colaboradores e programadores.

O encontro terá lugar na Escola de Negocios Novacaixagalicia da Coruña

PUBLICIDADE