A versión para PS Plus de Driveclub ve a luz con 19 meses de retraso

xoves, 25 de xuño do 2015 Marcus Fernández

A PlayStation 4 chegou a España o 29 de novembro de 2013, e aínda que no seu principio anunciárase que a consola ía incluír unha versión de balde do xogo de condución Driveclub, o xogo tardou preto dun ano en ver a luz, sen a súa prometida versión de balde para usuarios do servizo PlayStation Plus, que finalmente lánzase hoxe, aínda que con certa prudencia por parte dos seus responsables, para evitar os problemas propios dos xogos en liña durante os seus primeiros días.
Dende xeito, dende hoxe os usuarios de PlayStation Plus poderán descargar na súa PS4 o xogo DRIVECLUB PlayStation Plus Edition, que permitirá dende o primeiro día o xogo fóra de liña, de xeito que a posibilidade de gozar do xogo a través da Internet irase espallando progresivamente entre os millóns de usuarios de todo o mundo para que os poidan escalar debidamente os servidores do xogo e evitar sobrecargas, o que pode resultar frustrante para moitos usuarios despois de tantos meses de retraso.
Dende Sony e Evolution Studios optaron por un lanzamento tan prudente para permitir que a experiencia multi-xogador deste título sexa satisfactoria, xa que resulta crucial un bo funcionamento da conectividade de xogos deste tipo para que o seu lanzamento non sexa unha catástrofe.
Driveclub intentará conectase ao modo en liña de xeito automático, para así gozar de modos multi-xogador, desafíos en liña, clubs e táboas de clasificación mundiais, aínda que para boa parte dos usuarios estas funcionalidades amosarán temporalmente a mensaxe de “moi pronto”. Fóra de liña o xogo permitirá gozar de 13 pistas da India e ir probando coches.

PUBLICIDADE