A versión para desenvolvedores de Magic Leap One verá a luz este verán
xoves, 12 de xullo do 2018
A expectación sobre a solución de realidade mixta de Magic
Leap é tan grande que claramente resulta imposible que a compañÃa poida estar á
altura xa que, ao rumorearse que terÃa recibido máis de 4.500 millóns de
dólares de investimento para desenvolver a súa tecnoloxÃa, o público confÃa en
que as súas aspiracións iniciais sexan unha realidade palpable pese a que aÃnda
faltan bastantes anos de maduración para que sexan posibles produtos portátiles
que permitan levar a realidade aumentada a niveis propios da realidade virtual.
A finais do ano pasado desvelouse
o que serÃa o Magic Leap One: Creator Edition, ou sexa, as primeiras unidades
para desenvolvedores desta tecnoloxÃa de realidade mixta, e nas últimas horas
os responsables da compañÃa realizaron unha retransmisión en directo a través
de Twitch para adiantar detalles do produto que aseguraron que verÃa a luz este
mesmo verán (ou sexa, que como moi tarde iniciarÃan a súa distribución en
setembro).
O sistema de realidade mixta, en vez de montar toda a súa tecnoloxÃa nunhas
lentes, traslada o seu procesamento a un módulo que pode pendurarse do cinto e
no que, aparte da baterÃa, tamén contarÃa cun TX2 de nVIDIA (que integrarÃa un
procesador A57 de catro núcleos, un procesador Denver 2 de catro núcleos e unha
gráfica nVIDIA Pascal con 256 núcleos CUDA). Este hardware operarÃase mediante
Lumin OS e os seus responsables aseguran que poderá integrarse perfectamente
con Unity e Unreal, ou sexa, que na práctica serÃa como levar unha consola de
videoxogos enriba do corpo, xa que a realidade mixta precisa dunhas prestacións
técnicas máis propias dos videoxogos que da computación tradicional.
Pero aÃnda que esta tecnoloxÃas teña un grande potencial, o
vÃdeo de demostración que amosaron, no que podÃa verse en funcionamento unha
aplicación de realidade aumentada chamada Dodge,
resultou bastante decepcionante, xa que lembraba ao que xa hai bastante
tempo que pode facerse coas HoloLens de Microsoft, de aà que haxa que agardar
unhas semanas para ver se estamos ante un produto que é fume ou se estamos ante os primeiros pasos dunha grande revolución.
VÃdeo no que podemos ver en acción a aplicación de demostración Dodge