ARC Raiders supera os 700 mil xogadores simultáneos
luns, 10 de novembro do 2025
O tÃtulo de acción cooperativa Arc Raiders, desenvolvido por Embark Studios, está a protagonizar un ascenso meteórico desde o seu lanzamento hai menos de dúas semanas. Segundo datos oficiais compartidos pola compañÃa, o xogo alcanzou os 700.000 xogadores simultáneos durante a pasada fin de semana, superando por segunda vez a súa propia marca.
Dende Embark Studios expresan a súa sorpresa ante esta magnÃfica acollida, e podemos comprobar este éxito directamente en SteamDB, plataforma que rexistrou como en Steam o xogo pasou de 350.000 a máis de 462.000 xogadores simultáneos en cuestión de horas. A estas cifras hai que engadir os usuarios de PS5 e Xbox Series X/S, aÃnda non especificados oficialmente.
A pesar de que o contido dispoñible ata o momento é limitado, o roadmap oficial promete novidades importantes nas vindeiras semanas que poderÃan consolidar aÃnda máis a súa base de xogadores.
Actualmente, Arc Raiders compite polo cuarto posto entre os tÃtulos máis xogados de Steam, moi preto de Battlefield 6, e supera a este último en vendas. Se se mantén esta tendencia, non serÃa estraño que alcance os 500.000 xogadores só en Steam, sen contar o resto de plataformas.
Arc Raiders non só destaca polo seu éxito numérico, senón tamén polo seu enfoque colaborativo e a súa proposta de ciencia ficción, que está a captar a atención dunha comunidade cada vez máis ampla. O reto agora será manter este impulso e fidelizar aos xogadores a longo prazo.
