Adamo levou a súa fibra óptica á metade dos concellos de Lugo dende 2018
mércores, 27 de xullo do 2022
- Reunión mantida entre David Llano, Isabel Rodríguez e José Tomé
A
operadora Adamo vén de facer un
balance da súa actividade en Lugo para dotar aos concellos de fibra
óptica até o fogar e Internet ultrarrápida. Segundo fixo saber,
máis da metade dos municipios da provincia recibiron cobertura de
Adamo ao longo do últimos catro anos e medio. En concreto, 35 dos 67
municipios da provincia pasaron a gozar desta tecnoloxía FTTH
(siglas en inglés de fibra até o foagar) da man de Adamo entre 2018
e mediados de 2022. Por citar algúns exemplos, o operador de
telecomunicacións ten a súa infraestrutura funcionando en Pol,
Castro de Rei, A Pastoriza, A Fonsagrada, Alfoz, Begonte, Cervo,
Xove, Barreiros, Lourenzá, O Valadouro ou Foz, entre outros.
Máis
de 70.000 fogares de Lugo
En
total, a compañía levou o sinal de Internet (que a operadora
cualifica como “o máis veloz que existe hoxe no mercado, con 1.000
Mb”) a máis de 70.000 vivendas deses 35 concellos lucenses no
citado período. Para sufragar este labor, Adamo investiu 20 millóns
de euros na provincia (fronte aos 5,8 millóns que recibiu en
subvencións para expandir a fibra), así como fixo posíbel a
contratación de 300 traballadores locais nos seguintes ámbitos:
enxeñaría, despregadura,, mantemento e comercialización.
Co
presidente da Deputación e a subdelegada do Goberno
Sobre
estes datos trataron a semana pasada o presidente da Deputación de
Lugo, José Tomei, a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel
Rodríguez, e David Llano, responsábel de Adamo en Galicia, quen
lles deu detalles sobre o novo equipamento e das operacións
previstas para o terceiro e o cuarto trimestre. Por exemplo, o comezo
das obras para despregar Internet ultrarrápido noutros 7 concellos
lucenses: Abadín, Castroverde, Chantada, Friol, Guitiriz, Monforte
de Lemos, A Pontenova e Riotorto.
A
finais deste ano, 80.000 vivendas conectadas
Adamo
proporcionará Internet de alta velocidade a outros 10.000 fogares da
provincia de Lugo para sumar un total próximo aos 80.000 domicilios
conectados antes de que conclúa 2022.