Apple poderÃa adiar varios lanzamentos por mor dos problemas de subministración de memoria
luns, 20 de abril do 2026

- Moitas das configuracións dos Mac Studio non poden adquirirse nin sequera con meses de agarda
Os problemas de escaseza de chips de memoria están a afectar seriamente á dispoñibilidade de produtos e ao calendario de lanzamentos de moitos fabricantes, impacto do que non se libra Apple, que actualmente experimenta problemas de existencias en equipos informáticos de sobremesa.
Se actualmente queremos facernos cun equipo Mac Studio non só atopamos que as configuracións máis habituais teñen un prazo de entrega de 10-12 semanas, senón que as configuracións máis completas directamente figuran como non dispoñibles e, de feito, Apple incluso retirou do seu catálogo a versión con 512 GB de memoria unificada.
No caso do Mac mini a situación é diferente, pois, aÃnda que non haxa existencias dos equipos, os prazos de entrega son de 5-6 semanas, o que segue a ser unha situación inédita para equipos que se corresponden con novos lanzamentos.
Neste escenario non sorprende a mensaxe que Mark Gurman lanza na última entrega do seu boletÃn Power On en Bloomberg, onde asegura que Apple estarÃa a adiar o lanzamento de produtos que se anticipaban dende hai meses. Por exemplo, estaba previsto o lanzamento dun novo Mac Studio en outubro e dun MacBook Pro con pantalla táctil a finais de ano, pero estes equipos poderÃan chegar máis tarde do desexado e incluso non ver a luz ata 2027.
