Apple poderÃa pagar a Google mil millóns de dólares ao ano para integrar Gemini en Siri
xoves, 6 de novembro do 2025
Mark Gurman adiantou en Bloomberg que Apple está a piques de pechar un acordo histórico con Google para empregar o seu modelo de intelixencia artificial Gemini, de 1,2 billóns de parámetros, como motor principal da nova xeración de Siri, e agora vai un paso máis aló e asegura que a compañÃa da mazá prevé pagar arredor de 1.000 millóns de dólares anuais por esta tecnoloxÃa, que se integrará nas funcións de planificación e resumo do asistente virtual.
A decisión chega tras meses de probas con diferentes modelos de terceiros, incluÃndo ChatGPT de OpenAI e Claude de Anthropic. Finalmente, Apple decantouse por Gemini, que xa é utilizado por outras compañÃas como Samsung. A elección responde á necesidade de mellorar de forma inmediata as capacidades de Siri mentres Apple continúa desenvolvendo os seus propios modelos, entre eles un sistema na nube de 1 billón de parámetros que poderÃa estar listo o vindeiro ano.
A nova Siri, prevista para a primavera de 2026 e coñecido internamente como Linwood, combinará tecnoloxÃa de Google con modelos propios de Apple. A integración realizarase a través dos servidores de Apple Private Cloud Compute, garantindo que os datos dos usuarios non sexan compartidos con Google. A compañÃa tamén está a investir en infraestrutura para soportar esta nova arquitectura.
A pesar da magnitude do acordo, Apple non ten previsto promocionar publicamente a colaboración, a diferenza do pacto que fixo de Google o motor de busca por defecto en Safari. A empresa prefire manter a relación como unha subministración tecnolóxica discreta.
