Apple poderÃa tirar proveito da tecnoloxÃa de Google para a súa IA
luns, 3 de novembro do 2025
Tras unha vergoñenta despregadura da tecnoloxÃa Apple Intelligence, a compañÃa de Cupertino terÃa definido xa a súa estratexia para a vindeira grande actualización de Siri, segundo adianta o xornalista Mark Gurman en Bloomberg. A nova versión do asistente chegarÃa coa actualización iOS 26.4, prevista para a primavera de 2026, e empregará modelos de intelixencia artificial Gemini de Google, aÃnda que de forma discreta e completamente integrada na infraestrutura de Apple.
O plan consiste en executar unha versión personalizada dos modelos Gemini nos servidores de Apple Private Cloud Compute, que procesarán as solicitudes dos usuarios mantendo as garantÃas de privacidade. AsÃ, Siri poderá responder preguntas persoais explorando a información dispoñible no dispositivo e xerando a resposta en tempo real.
A nova arquitectura de Siri contará con tres compoñentes principais: un planificador de consultas, un sistema de busca de coñecemento e un xerador de resumos. Os modelos Gemini encargarÃanse das funcións de planificación e resumo, mentres que o procesamento da información persoal continuarase facendo mediante os modelos propios de Apple.
O sistema de busca de coñecemento poderÃa tamén empregar tecnoloxÃa Gemini para ofrecer respostas máis completas sobre temas de cultura xeral e datos do mundo real, eliminando a dependencia de integracións externas como a de ChatGPT ou os habituais resultados de busca na web.
A colaboración con Google non será promocionada publicamente: Apple presentará todas as melloras de Siri como desenvolvementos propios, executados en servidores da compañÃa e coa súa interface caracterÃstica. A alianza servirÃa simplemente para cubrir as carencias actuais dos modelos de linguaxe de Apple e acelerar a chegada das novas funcións prometidas hai un ano.
Esta fórmula é semellante á que Samsung aplica cos seus teléfonos Galaxy, nos que moitas funcións de Galaxy AI se basean tamén en tecnoloxÃa de Google Gemini.
