Apple renova os iPhone contendo o prezo
martes, 12 de setembro do 2023
Os
novos iPhone presentáronse esta tarde, confirmándose o que viña rumoreándose
nas últimas semanas, como as diferencias entre os modelos normal e Pro, ou a
incorporación do porto USB-C para cumprir a lexislación europea, aÃnda que este
ano podemos agradecer que en vez de ter un
rango de prezos de entre 1.009 e 2.119 euros pasan a prezos de entre 959 e
1.969 euros, o que supón unha moderación nos prezos europeos.
iPhone 15 e 15 Plus
Os iPhone 15 e 15 Plus chegarán con pantallas de 6,1 e 6,7 polgadas respectivamente,
resultando bastante curioso que saÃse a versión de grande tamaño despois das
malas vendas do iPhone 14 Plus. Estes novos iPhone chegarán con procesador A16
Bionic; inclúen a Dynamic Island, cámara principal de 48 MpÃxeles e un novo
teleobxectivo 2x que permite asà elixir entre 3 niveis de zoom óptico na cámara
traseira; a pantalla Super Retina XDR ten agora 1.600 nits para os contidos HDR
e un brillo máximo en exteriores de 2.000 nits; e a incorporación do USB-C neste móbil resultará decepcionante para
moitos, xa que inclúe só carga rápida a 20 watts (mentres que a carga sen fÃos
soporte carga a 15 watts) e a transmisión de datos limÃtase ao estándar USB 2 (até
480 Mb/s), polo que apenas haberÃa melloras con respecto ao vello conector Lightning.
O iPhone 15 parte dun prezo de 959 euros, mentres que o iPhone 15 Plus parte de
1.109 euros, e poderanse adquirir en 5 cores (azul, rosa, amarelo, verde e
negro) e 3 capacidades de almacenamento (128 GB, 256 GB e 512 GB).
VÃdeo promocional dos iPhone 15
iPhone 15 Pro e 15 Pro Max
As grandes novidades chegan para os modelos iPhone 15 Pro e 15 Pro Max, que
non só funcionan cun potente procesador A17 Pro, senón que tamén destacan por
un cambio de deseño que é moi patente nos materiais, xa que o seu marco é agora
de titanio de calidade aeroespacial, conseguindo asà maior resistencia e unha
redución de peso que realmente resulta de agradecer.
Tamén resulta salientable o cambio do interruptor de silencio por un botón de
Acción, que pode empregarse para activar/desactivar o son, ou para acceder
rapidamente á cámara, á lanterna e moitas outras opcións en función das nosas
preferencias.
O procesador A17 Pro destaca por ser o primeiro procesador móbil fabricado a 3
nanómetros, conseguindo unha mellora de até un 10% de CPU e 20% de GPU, á vez
que tamén integra por hardware o codec de vÃdeo AV1 e introduce o trazado de
raios por hardware, o que contribúe a que vaian contar con versión completa
para iPhone os xogos Resident Evil Village e Resident Evil 4, e
sendo especialmente salientable que o xogo Assassin’s Creed Mirage sexa
a primeira grande versión da franquÃa que aparte de ordenadores e consolas terá
tamén versión para iPhone.
Os novos iPhone 15 Pro contan cunha cámara principal de 48 MpÃxeles que capta
imaxes e vÃdeo con grande calidade, permitindo elixir entre tres distancias
focais de uso habitual (24, 28 e 35 milÃmetros), incorporando tamén un teleobxectivo
de tres aumentos, mentres que o iPhone 15 Pro Max ten un zoom óptico de cinco
aumentos e 120 mm, incrementando as posibilidades do iPhone tanto para captar
imaxes a distancia como para realizar impresionantes primeiros planos. Deste
xeito o iPhone empregar a súa cámara como se contase con 7 obxectivos
diferentes.
Antes de que remate o ano tamén está previsto que os iPhone 15 Pro reciban a
opción de gravar vÃdeo espacial, ou sexa, que poden empregar dous obxectivos á
vez durante a gravación de vÃdeo para que, facendo uso do vÃdeo computacional,
xerar unha imaxe volumétrica que poida verse de xeito inmersivo utilizando o
futuro dispositivo Apple Vision Pro.
O porto USB-C destes móbiles permite carga de até 20 watts, pero a nivel de
datos non se limitan a USB 2, senón que chegan a USB 3, con velocidades de transmisión
de até 10 Gb/s, o que poderán aproveitar os profesionais para funcións como
poder revisar sesións fotográficas coa aplicación Capture One ou para poder
gravar vÃdeo en unidades de almacenamento externas.
O iPhone 15 Pro con pantalla de 6,1 polgadas ten un prezo de partida de 1.219
euros, mentres que o iPhone 15 Pro Mac con pantalla de 6,7 polgadas parte dos
1.469 euros. Venderase en 4 cores (titanio natural, titanio azul, titanio
branco e titanio negro) con 4 capacidades para o modelo Pro (128 GB, 256 GB, 512
GB e 1 TB) e 3 para o modelo Pro Max (256 GB, 512 GB e 1 TB).
VÃdeo promocional dos iPhone 15 Pro