As Ray-Ban Meta melloran as súas prestacións en Reino Unido
xoves, 10 de abril do 2025
As prometedoras lentes Ray-Ban Meta aÃnda recibiron a IA en España o pasado mes de novembro, limitándose a funcións moi básicas, o que poderÃa mudar en breve, xa que xa están a anunciar novas funcións de IA para o público británico.
A vindeira grande actualización das Ray-Ban Meta en Reino Uindo potenciará as funcións de Meta IA liberando por fin as funcións multi-modais, ou sexa, permitindo que a intelixencia artificial poida responder a preguntas sobre o que as lentes capturen coa súa cámara. Deste xeito é posible preguntar por os tipos de árbores que atopamos nun parque ou que nos dea información sobre un monumento que teñamos diante, aÃnda que non serán poucos os que quererán aproveitar esta prestación para poder escoitar a tradución dos textos que teñamos diante.
De feito, as Ray-Ban Meta non só permitirán traducir texto, senón que tamén teñen previsto activar nos vindeiros dÃas a posibilidade de traducir a fala en tempo real entre español, francés, italiano e inglés. O usuario escoitará polos altofalantes das lentes a tradución do que diga o seu interlocutor quen, por outra banda, verá a tradución do que digamos a través da aplicación Meta View, o que pode resultar de grande utilidade para os máis viaxeiros.
Está previsto que a tradución incorpore novos idiomas no futuro, asà como tamén está previsto que estas novas funcións cheguen ao resto de Europa en poucas semanas.