As V Xornadas Multimedia do GPUL celebraranse o 4 e 5 de maio
martes, 3 de abril do 2012
GPUL, unha asociación de programadores e
usuarios de Linux que opera dende
Facultade de Informática da Coruña, vén de anunciar a apertura da peticións de
contribucións para a 5ª edición das súas
Xornadas Multimedia, que terán lugar en maio, de maneira que todas aquelas
persoas interesadas en aportar propostas de charlas ou actividades, poderán
facelo previo rexistro no evento.
Dende a directiva do GPUL agardan a
colaboración das persoas interesadas en todo o relativo ao mundo multimedia
libre, así como a súa asistencia ás xornadas o vindeiro 4 e 5 de maio.
As propostas poderanse enviar en galego,
castelán, portugués, inglés ou mesmo francés, e deberán estar relacionadas co
mundo multimedia libre en calquera tipo de enfoque (divulgativo,
desenvolvemento, invetigación...).
Agora ben, en referencia ao software, este deberá
ser compatible coa definición de software libre da FSF e no tocante ás achegas
de hardware, saber que deben ser compatibles coa definición de OSHW.
As persoas interesadas en participar a
través de relatorios ou exposicións deberán autorizar ao GPUL a gravar a súa
intervención, así como a distribuír tanto a gravación como o resto do material
empregado durante a súa intervención, “baixo
unha licenza libre”, aclaran.