As aplicacións creativas de Affinity para iPad poden conseguirse de balde
venres, 17 de outubro do 2025

- Affinity Photo 2 está considerado como unha das mellores alternativas ao Adobe Photoshop
Dende hai anos a marca Affinity conseguiu facerse un nome, especialmente entre usuarios de dispositivos de Apple, como unha alternativa económica a Adobe, e aÃnda que actualmente se descoñece o futuro das súas aplicacións (xa que os seus creadores, Serif Labs, foron adquiridos por Canva o ano pasado e actualmente anuncian que «a auténtica liberdade creativa está á volta da esquina» dando a entender que realizarán un grande anuncio o vindeiro dÃa 30), hai unha boa nova para usuarios de iPad: poden adquirirse de balde.
O tridente de aplicacións de Serif para iPad (a aplicación de retoque fotográfico Affinity Photo 2, a aplicación de deseño gráfico Affinity Designer 2, e a aplicación de autoedición Affinity Publisher 2) poden descargarse nun iPad, configurarse cunha conta de usuario de Affinity activando un perÃodo de proba de 7 dÃas e acto seguido mercar as aplicacións a un prezo de 0 euros, tras o que podemos integralas na nosa conta de usuario para conservar a súa licenza de uso.
Dado que as aplicacións de Affinity non están baseadas en subscricións, facerse coa súa licenza de balde é unha boa nova para moitos usuarios que queiran gozar de aplicacións creativas moi completas sen ter que comprometerse a pagamentos periódicos.
Polo momento descoñécese se as aplicacións pasarán a ser oficialmente de balde, ou se a partir do dÃa 2025 deixarán de estar dispoñibles para novos usuarios por mor do lanzamento dunha nova versión, de aà que se recomende a súa compra de balde o antes posible.
Serie de vÃdeos con titoriais sobre o uso de Affinity Photo 2 para iPad
