As estreas cinematográficas adiantan a súa chegada aos fogares
martes, 17 de marzo do 2020
A
corentena por mor da COVID-19 está a afectar seriamente a moitas industrias,
pero unha na que o impacto é moi especial é a do audiovisual, xa que prodúcese
un efecto perverso: existe unha demanda maior de contidos, pero existen serias
limitacións na distribución. Temos asà que a distribución en soporte fÃsico de
filmes e series de televisión ten serios problemas, á vez que as salas de
exhibición están pechadas, conxelando o calendario de lanzamentos (e as rodaxes
de futuras producións) e levando a que haxa que tomar medidas inéditas, como é
a publicación a través de streaming de filmes que aÃnda están en
carteleira e adiantar moitos lanzamentos para satisfacer ao público e paliar a
perda de ingresos nas canles tradicionais.
O filme que encabezou esta revolución audiovisual serÃa Frozen 2, que
está a chegar rapidamente ás tendas dixitais e que o pasado domingo
incorporouse a Disney+ nos EE.UU., adiantando
a súa chegada a este servizo en 3 meses, e outro lanzamento da mesma
compañÃa, Star Wars: El Ascenso de Skywalker, tamén chegou ás
plataformas dixitais uns dÃas antes do previsto, buscando asà que os seareiros
da franquÃa galáctica puidesen gozar do filme durante a súa reclusión no fogar.
Outros
estudios como Universal tamén están a mover ficha, e anuncian que o
vindeiro venres permitirán o aluguer dixital de filmes como La Caza (que
tiña prevista a súa estrea española para o vindeiro 24 de abril), El hombre
invisible (estreada nos cines o pasado 28 de febreiro) e Emma (que tiña
previsto chegar a España o 17 de abril), aÃnda que nestes casos o prezo do aluguer
serÃa superior ao ordinario (o prezo recomendado nos EE.UU. serÃa de 19,99
dólares).
É especialmente curioso o caso de Trolls 2: Gira Mundial, pois será
unha das primeiras pelÃculas que se estreará simultaneamente en cines (onde haxa
salas abertas) e en aluguer baixo demanda, aÃnda que sexa nunha situación
tan excepcional, o que servirá de campo de probas para ver se no futuro esta
fórmula serÃa válida para novos lanzamentos.
Aves de Presa (y la fantabulosa emancipación de Harley Quinn) será outra
pelÃcula que modifica os seus plans de comercialización, estrándose
en dixital o vindeiro dÃa 24, cando aÃnda está en carteleira en boa parte
do mundo, como tamén acontecerá co último traballo de Guy Ritchie, The Gentlemen:
Los señores de la mafia, que chegou o dÃa 28 de febreiro aos cines
españois, e que o vindeiro 24 iniciarÃa a súa distribución baixo demanda.
Polo momento este cambio de calendario nos servizos de streaming refÃrese
aos EE.UU., e descoñecemos se en España serán exactamente as mesmas datas, pero
parece que esta estratexia vai adoptarse de xeito global, xa que os motivos que
levaron a tal decisión son aplicables a case todo o planeta: cos cines pechados
o streaming é a única saÃda factible para que a industria
cinematográfica manteña o consumo.
- The Gentlemen: Los señores de la mafia é un dos filmes que estando en carteleira chegarán a plataformas de vÃdeo baixo demanda