Barrán anuncia cursos sobre aplicacións Android e hacking ético a desenvolver dende novembro en Santiago
xoves, 10 de outubro do 2013
O grupo galego Barrán,
do que falamos
recentemente para informar das súas actividades formativas
relacionadas co software libre e máis polo miúdo con GNU/Linux
e aplicacións abertas de emprego xeral, fÃxonos saber esta semana
que xa ten entre mans un novo feixe de accións de divulgación de
novo xirando arredor do open source e as súas múltiples
posibilidades para profesionais do desenvolvemento, empresas de
tódolos sectores e tamaños ou usuarios de a pé. En primeiro lugar,
Barrán prepara para este mes de novembro (ata xaneiro) o curso
Desenvolvemento de aplicacións para plataformas Android, que
se dirixe a achegar as nocións precisas para dar forma a ferramentas
para o dito sistema de Google. Ao longo desta actividade, os
alumnos desenvolven unha aplicación propia para subir ao Market de
Google ao final do curso, a cuxo remate obtense o certificado de
desenvolvedor de aplicacións para plataformas Android.
Barrán tamén inicia
este mes de novembro o curso de Técnico en reparación e
mantemento de equipos, durante o desenvolvemento do cal
amosaráselles aos alumnos os conceptos e metodoloxÃas precisas para
o arranxo e mantemento de hardware (ao remate da actividade poderán
obter o certificado de técnicos no dito eido de actividade).
Asemade, convócase o curso Ethical Hacking, que consiste na
posta en práctica de métodos e recursos propios dun hacker
orientados desta volta cara a criterios éticos. A actividade ten
como fin o que os alumnos saiban xestionar a seguridade de equipos e
redes grazas aos coñecementos de hacking que se poñen en
xogo.
A maiores, Barrán
prepara os cursos Preparación para a obtención do LPIC,
Iniciación informática con software libre e Inglés técnico,
todos eles a desenvolver entre novembro e febreiro.
Tanto estas convocatorias
coma as anteriores desenvolveranse en Santiago de Compostela, no
número 22, primeiro andar, da Rúa Nova de Abaixo. Para
matriculármonos nos cursos ou solicitar información dos mesmos
Barrán achega a web formacionp.grupobarransl.net
e máis o número de teléfono en 981 557 367.
